Datos abertos
Datos.gob.es é o portal de carácter nacional que organiza e xestiona o Catálogo de Información Pública da Administración Xeral do Estado. Desde este portal proporciónase información xeral, materiais formativos e noticias de actualidade sobre a reutilización da información do sector público.
O Ministerio de Economía, Comercio e Empresa, a teor do establecido na Lei 18/2015, do 9 de xullo, pola que se modifica a Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre rreutilización da información do sector público, pon ao dispor de cidadáns e empresas, a través deste sitio web, unha serie de conxuntos de datos abertos que poden ser reutilizados co fin de coadxuvar ao impulso da actividade económica.
Para iso, os usuarios aceptan as condicións xerais que figuran no Aviso Legal e utilizarán os datos baixo a súa responsabilidade, correspondéndolles a eles, en exclusiva, responder fronte a terceiros por danos que puidesen derivarse da utilización dos mesmos.
Os conxuntos de datos abertos do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa, incluídos na actualidade no Catálogo de Datos, póñense ao dispor dos axentes reutilizadores baixo a modalidade xeral básica, sen requisitos adicionais.